O blog de Sarela reactívase despois do verán

02/09/2015

Hoxe publicaron a súa primeira entrada de setembro.

O blog de Sarela tamén se reactivou despois das vacacións, e hoxe publicou a súa primeira entrada de setembro. Nesta información explican as actividades formativas do equipo profesional e como foi o primeiro día no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica despois das vacacións. 
 
Na noticia explican algunhas das novidades da volta a Sarela, e como os cambios se consolidarán en outubro, co novo calendario de actividades, entre as que se atopa a edición dunha revista semanal: As letras de Sarela.
 
O blog de Sarela é o resultado máis visíbel da actividade de Novas Tecnoloxías, na que as persoas usuarias da asociación traballan cos dispositivos e linguaxes actuais. O obxectivo é que se familiaricen con eles de cara a fomentar a súa inclusión social.
 
Durante a actividade, as persoas usuarias proban o uso de cámaras, ordenadores ou tablets e, en cada sesión, elaboran conxuntamente unha noticia que unha voluntaria se encarga, depois, de subir ao blog.
 
Está previsto que esta actividade continúe na programación que se estrea en outubro.
 
A noticia sobre a volta do blog pode lerse na seguinte ligazón: Xa estamos de volta en Sarela!.
 
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información