O Goberno de Navarra crea un Comité de Expertos en DCA Infantil

15/05/2015

Iniciativa da asociación de dano cerebral infantil Hiru Hamabi.

O Goberno de Navarra publicou unha Orde Foral coa que anuncia a creación dun Comité de Expertos en Dano Cerebral Adquirido Infantil. A creación deste Comité é unha consecuencia directa da comparecencia, o pasado 9 de xaneiro, da asociación Hiru Hamabi perante a Comisión de Saúde do Parlamento. Nela Yolanda Fonseca, presidenta de Hiru Hamabi, declarou que "os menores con DCA son poboación de especial vulnerabilidade, pero en Navarra hai 28 nenos con DCA escolarizados que non reciben atención adecuada". Así, o 10 de marzo a atención a menores con DCA chegou ao pleno do Parlamento onde se aprobou a moción que dá orixe a esta Orde Foral.
 
A Orde establece a creación do Comité de Expertos en Dano Cerebral Adquirido Infantil, a súa composición e as súas funcións. O primeiro obxectivo deste Comité será o de tipificar e cuantificar o problema do dano cerebral infantil en Navarra. Ademais, os expertos analizarán a accesibilidade, adecuación e continuidade dos dispositivos asistenciais da Administración Pública de Navarra para os menores con DCA; detectando as áreas de mellora na Comunidade para favorecer unha atención integral e integrada do colectivo. Para rematar, os expertos propoñerán un Modelo de Atención acorde ás necesidades dos menores con dano cerebral, dos seus familiares e cos plans e programas do Departamento de Saúde. A este modelo vaino acompañar un informe que determinará as necesidades para responder ao modelo formulado.
 
A constitución deste Comité de Expertos é un primeiro paso para a creación dun equipo multidisciplinar de atención ao Dano Cerebral Adquirido Infantil en Navarra. A asociación Hiru Hamabi seguirá traballando co apoio de FEDACE para achegar, tanto ao Goberno de Navarra como ao Comité de Expertos, as necesidades de atención das persoas con dano cerebral e, en concreto, dos menores.
 
*Información extraída da web de FEDACE e imaxe da de Hiru Hamabi.
 
pdf
  • Orde Foral para a creación dun Comité de Expertos en DCA infantil
  • Orde Foral do Parlamento de Navarra pola que se crea un Comité de Expertos en Dano Cerebral Adquirido Infantil.

  • Baixar ficheiro
Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información