• servizos sarela 795x180

Noticias

O papel das coidadoras

O papel das coidadoras

Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o movemento feminista chamou a unha folga que vai máis aló do que se identifica como paro laboral. Búscase amosar que a participación das mulleres é fundamental en todas as capas da vida, da sociedade e da economía.

 

Por iso este ano convocouse unha folga feminista que quere chegar a todas eses traballos e espazos como por exemplo o dos coidados. A folga quere facer patente que o sistema sería inviable sen o traballo cotián de coidados realizado maioritariamente por mulleres.

 

Noelia Ouro, psicóloga-neuropsicóloga e coordinadora do SADT de Sarela, entrevista a María José Rama, coidadora principal do seu irmán Ismael que ten dano cerebral adquirido e é usuario do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica). Como lle cambiou a ela vida? Que marxe ten para ocuparse dela mesma? Pode parar os coidados nun día coma hoxe? Aquí deixamos a entrevista. 

 


 

Multimedia

  • O papel das coidadoras

  • Este 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller, quérese facer patente que o sistema sería inviable sen por exemplo traballos como o que realizan maioritariamente mulleres coidando de persoas maiores, depententes ou dos nenos e nenas. Noelia Ouro, psicóloga-pneuropsicóloga en Sarela, entrevista a María José Rama, coidadora de seu irmán con dano cerebral adquirido, para coñecer de primeira man as inquedanzas e cambios que debe asumir ante unha nova situación.

  •  
  • Etiquetas: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.