Próximas charlas sobre Dano Cerebral Adquirido

14/06/2019

O traballo de divulgación de Sarela segue a ser moi intenso nestes meses. As próximas charlas que temos en axenda serán o luns 17 de maio en Brión para falar da prevención do DCA no deporte e o venres 21 en Arnois (A Estrada).

O traballo de divulgación de Sarela segue a ser moi intenso nestes meses. As próximas charlas que temos en axenda serán o luns 17 de xuño en Brión para falar da prevención do DCA no deporte e o venres 21 en Arnois (A Estrada).

 

En colaboración co Concello de Brión, o luns 17 ás 20:00 h. no Centro social polivalente, falaremos dun tema moi importante e ás veces pouco tratado como é a prevención dos traumatismos cranioencefálicos na práctica do deporte. O aforo é limitado e podes facer unha inscrición previa no teléfono 981509969 ou na Biblioteca municipal.

 

Esa mesma semana, concretamente o venres 21 ás 20:30 h, estaremos na parroquia estradense de Arnois nunha charla que organizamos conxuntamente coa Asociación rural de amas de casa. No seu local falaremos de aspectos xerais do dano cerebral como son as causas, secuelas, consellos de coidados etc.

 

Estas dúas charlas súmanse ás que xa non fixeron que vaian nun concellos como Ribeira, Valga, Arzúa, A Estrada, Val do Dubra ou Santiago.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información