Reserva as túas entradas para "Sarela e a fábrica de chocolate", última obra do grupo de teatro de Sarela

06/05/2016

No Auditorio de Galicia o venres 10 de xuño ás 19:30 horas.

O grupo de teatro de de Sarela está a realizar os últimos ensaios da súa nova obra. Despois do éxito do pasado ano con En Sarela non hai quen viva, nesta ocasión o noso grupo de teatro saca a súa face máis crítica e aceda en Sarela e a fábrica de chocolate, onde os seus traballadores pasarán á acción ante, como eles mesmos din, “os recorte e máis recortes” que están a sufrir.

 

A representación será o venres 10 de xuño ás 19:30 horas no Auditorio de Galicia (Sala Mozart) en Santiago de Compostela. As entradas xa se poden reservar no teléfono 881.978.519 e no correo electrónico administracion@sarela.org ao prezo de 6 euros.

 

 

Categorías: Sarela , Teatro
Tags: Teatro
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información