Sarela foi reelixida para a Xunta Directiva de FEDACE

19/06/2014

Luciano Fernández será o tesoureiro da Federación.

O pasado sábado, 14 de xuño, reuníronse en Madrid os representantes do movemento asociativo de persoas con Dano Cerebral Adquirido e familias para participar na Asemblea Xeral de FEDACE.
 
Na Asemblea tamén se renovou a Xunta Directiva da Federación, na que Sarela mantén a súa representación. O secretario da Asociación de Dano Cerebral de Compostela, Luciano Fernández, será o tesoureiro de FEDACE, en substitución do presidente de Sarela, José Balboa.
 
A Asemblea de FEDACE tamén escolleu como novos membros a representantes de ATECE-Araba e Camino (Valladolid).
 
Ademais de aprobar a memoria de actividades e as contas do ano 2013, fixáronse as directrices de actuación futura poñendo especial énfase nas actividades orientadas a:
 
- Continuar a loita polo recoñecemento do DCA como unha discapacidade específica que necesita unha abordaxe especial para unha valoración axustada e un tratamento acorde ás súas necesidades no espazo sociosanitario.
 
- Mellorar o coñecemento sobre o dano cerebral facendo partícipe á sociedade de que o ictus, os traumatismos cranioencefálicos, os tumores cerebrais e outras causas sobrevidas teñen como consecuencia común o DCA; e pódese e débese actuar para mellorar a autonomía persoal e a inclusión social das persoas con DCA e das súas familias.
 
- Traballar na extensión e cohesión do movemento asociativo como instrumento ao servizo das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias. Tamén como referencia de liderado na loita polos seus dereitos para facer efectivo o noso lema "Unha vida salvada merece ser vivida".
 
Información extraída da páxina web de FEDACE e fotografía de DACE.
 
pdf
  • Memoria 2013 FEDACE
  • Memoria de Actividades de 2013 da Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE).

  • Baixar ficheiro
Categorías: Sarela , FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información