Subvención da Consellería de Política Social para o programa de voluntariado de Sarela

08/06/2023

O programa de voluntariado de Sarela recibirá este ano 1.130 euros da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude para o desenvolvemento do proxecto “Voluntariado e acción”. En 2023 Sarela porá o acento en promover o voluntariado de persoas con dano cerebral na propia entidade pero sobre todo en recursos do entorno comunitario.

O proxecto recolle tamén a realización de charlas de formación de voluntariado con persoas con DCA e o acompañamento das persoas voluntarias que cobren algúns dos postos de acción voluntaria, presenciais ou a distancia, da entidade.

 

En 2023 o programa de voluntariado de Sarela quere ademais incidir na promoción da a participación de persoas con DCA como voluntarias en entidades e recursos do seu entorno comunitario, favorecendo así a súa integración social e capacitación despois de finalizar o seu proceso de rehabilitación.

 

A concesión desta axuda foi publicada no Diario Oficical de Galicia nº 106 do 6 de xuño de 2023.

 

 

Categorías: Voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información