Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
***Campaña finalizada*** (actualización do 13 de xuño de 2023). Recentemente Sarela comezou a atender a unha familia inmigrante que está en situación de exclusión social. A familia está formada por 3 mulleres, unha das cales ten o DCA e outra é unha menor de 10 anos. Agora poñemos a disposición de quen desexe axudar a esta familia dun Bizum de Sarela.
“Presentámonos. Somos un grupo de persoas con Dano Cerebral Adquirido usuarias dos servizos de Sarela e estamos a compartir con vós moitos temas interesantes. Queremos que desfrutedes, vos emocionedes, alegredes e incluso vos enfadedes lendo as nosas entradas. O que non queremos e que quededes indiferentes”. Así se expresan os/as administradores/as do blog de Sarela e que son persoas usuarias dos servizos da entidade.
Cada ano Sarela edita un calendario que cambia o seu enfoque pero sempre trata un aspecto do Dano Cerebral ou da propia entidade. En 2023 o calendario xiran en torno a 12 montaxes fotográficas que simbolizan as afeccións, gostos, desexos, inquedanzas etc das persoas que as protagonizan.