Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
"Hoxe, 3 de decembro, conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, instaurado pola Organización das Nacións Unidas. É un día para celebrar, para saír á rúa, para reivindicar, pero sobre todo para dar voz aos desexos e ás demandas de miles de persoas que en todo o mundo compartimos un mesmo fin: queremos unha vida digna e plena, como a de calquera outro cidadán".
Miles de persoas en toda Galicia saíron á rúa cos seus paraugas para celebrar xunto a máis de 80 entidades sociais o Día Internacional de las Personas con Discapacidade con la iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”, que nesta cuarta edición se celebrou na Coruña, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, e por primeira vez, en Lugo y Ourense. En Santiago o acto celebrouse na Praza do Obradoiro.
Manifesto do Cermi (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se conmemora cada anao o 3 de decembro.
As entidades sociais de Santiago e a cidadanía están convocadas a participar no acto “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade” que se celebrará ás 12:00 na Praza do Obradoiro. O acto, que foi presentado hoxe, conta co apoio do Concello de Santiago e busca a implicación de toda a cidadanía.
Un ano máis, a Fundación Cermi Mujeres fai público o manifesto con motivo do 25N. O Cermi (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) engloba a todas as entidades sociais da discpacidade en España.
En Santiago o acto do día 3 de decembro será na Praza do Obradoiro ás 12:00 da mañá e está impulsado por Down Compostela, Fegadace (Federación Galega de Dano Cerebral), Aspamite (Asoc. de Pais de Persoas con Diversidade funcional de Teo) , Aspanaes (Asoc. de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista), Acem (Asoc. Compostelá de Esclerose Múltiple), Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple) e Sarela.
O Consello de Ministros aprobou que a entrada en vigor do documento da ONU se conmemore cada 3 de maio. O CERMI Estatal fixo público un manifesto para conmemorar a primeira edición do Día Nacional en España da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de 2006.
Non son novas as análises críticas de entidade como Cermi (Comité español de representantes de persoas con discacapacidade), a través da Fundación Cermi Mujeres, da situación e das políticas públicas do Estado español en materia de discapacidade e igualdade de xénero. Algunha das medidas reclamadas e dos datos que achegan falan claramente da discriminación múltiple e interseccional que sofren as mulleres e nenas con discapacidade.