Novas

  • Este venres celebrarase as persoas socias de Sarela están convocadas a asemblea xeral ordinaria de 2021 e unha asemblea extraordinaria. En semanas anteriores enviáronse ambas convocatorias así como as indicacións para a consulta de documentación e as instrucións para poder seguilas a distancia. Para calquera dúbida ou comunicar o desexo de asistir presencialmente podes contactar co noso centro no teléfono 981 577 037 ou no correo electrónico sarela@sarela.org.

    Ler máis
    24/03/2021
  • O movemento asociativo considera que é imprescindible incluír ás persoas con DCA e ás persoas coidadoras entre os grupos de poboación prioritarios nos plans de vacinación. A variedade de secuelas, a existencia de pluripatoloxías asociadas, o autoconfinamento ao que se someten moitas persoas e familias polo medo ao contaxio son só algunhas das razóns que nos levan a solicitar unha vez máis unha medida que consideramos de xustiza.

    Ler máis
    18/03/2021
  • Persoas usuarias e profesionais concentráronse hoxe diante do centro.

    A entidade toma esta decisión ante os atrasos continuados e falta de concreción sobre a súa inmunización cando paralelamente a administración competente fai anuncios relativos á vacinación de novos grupos de poboación. O equipo de Sarela tamén segue sen vacinar.

    Ler máis
    05/03/2021
  • Hoxe celebramos que a colaboración que mantemos desde o mes de xuño de 2019 con Radio Estrada chegou ao seu programa número 50. Pronto faremos dous anos desde que Fran Campos comezara coas entrevistas semanais no seu programa A Galería 2.0 con motivo da apertura na Estrada dun punto de información sobre dano cerebral no centro de saúde.

    Ler máis
    17/02/2021
  • Sarela comezou o ano co firme propósito de mirar cara adiante e afrontándoo con novos ánimos. Fixémolo da man de Favorita, un grupo da cabalo entre Santiago, Cuntis e A Estrada, e o enorme tema que fixeron para nós. “Reiniciando” é optimismo, vitalidade e afronta o dano cerebral poñendo en valor ás persoas e súas capacidades. O proxecto naceu para formar parte da representación anual da compañía de teatro de Sarela e que se tivo que suspender.

    Ler máis
    05/01/2021
  • Con motivo da celebración do 20 aniversario de Sarela chegáronnos mensaxes de felicitación doutras entidades, amigos/as, institucións, familias etc que xuntamos nunha serie de vídeos. Na noticia podes acceder aos enlaces.

    Ler máis
    20/12/2020
  • Hoxe, 19 de decembro, Sarela cumpre 20 anos desde a súa fundación por parte dun pequeno grupo de familiares de persoas con dano cerebral. Nestas dúas décadas Sarela medrou e consolidou o seu papel central na atención ás persoas con DCA pero sobre todo foi fundamental para o recoñecemento institucional e social da que é primeira causa de discapacidade e dependencia en España.

    Ler máis
    19/12/2020
  • Este sábado, 19 de decembro, Sarela está de aniversario. Hai meses que as ideas que tiñamos para celebralo quedaron desbotadas pero iso non significa que renunciemos a facelo. Hoxe comezamos cun repaso de pequenos pasos que conforman o camiño percorrido nestes 20 anos. Son momentos, compromisos, formas de traballar ou proxectos que nos marcaron.

    Ler máis
    15/12/2020

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información