Novas

  • CERMI Galicia conmemora o Día da Muller traballadora con este encontro que se desenvolverá o 4 de marzo e no que varias mulleres con e sen discapacidade falarán da súa experiencia como coidadoras doutras persoas con e sen discapacidade. A socia de Sarela Ana Isabel Pedrosa participará no mesmo, que será online, en representación de Fegadace. Ampliando a noticia podes acceder ao programa desta xornada e á forma de acceso á mesma.

    Ler máis
    25/02/2021
  • Hoxe celebramos que a colaboración que mantemos desde o mes de xuño de 2019 con Radio Estrada chegou ao seu programa número 50. Pronto faremos dous anos desde que Fran Campos comezara coas entrevistas semanais no seu programa A Galería 2.0 con motivo da apertura na Estrada dun punto de información sobre dano cerebral no centro de saúde.

    Ler máis
    17/02/2021
  • FEGADACE e a Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais, da Universidade de Santiago de Compostela,elaboraron tres vídeo-titoriais con indicacións sobre como debe ser o coidado diario da hixiene oral dunha persoa con dano cerebral sexa independente ou con dependencia (moderada ou severa).

    Ler máis
    01/02/2021
  • Conclúe que non existe un modelo de atención homoxéneo entre Comunidades Autónomas. FEDACE defende a creación dunha normativa estatal que garanta unha igualdade de dereitos sociosanitarios.

    Ler máis
    29/01/2021
  • Sarela comezou o ano co firme propósito de mirar cara adiante e afrontándoo con novos ánimos. Fixémolo da man de Favorita, un grupo da cabalo entre Santiago, Cuntis e A Estrada, e o enorme tema que fixeron para nós. “Reiniciando” é optimismo, vitalidade e afronta o dano cerebral poñendo en valor ás persoas e súas capacidades. O proxecto naceu para formar parte da representación anual da compañía de teatro de Sarela e que se tivo que suspender.

    Ler máis
    05/01/2021
  • Con motivo da celebración do 20 aniversario de Sarela chegáronnos mensaxes de felicitación doutras entidades, amigos/as, institucións, familias etc que xuntamos nunha serie de vídeos. Na noticia podes acceder aos enlaces.

    Ler máis
    20/12/2020
  • Hoxe, 19 de decembro, Sarela cumpre 20 anos desde a súa fundación por parte dun pequeno grupo de familiares de persoas con dano cerebral. Nestas dúas décadas Sarela medrou e consolidou o seu papel central na atención ás persoas con DCA pero sobre todo foi fundamental para o recoñecemento institucional e social da que é primeira causa de discapacidade e dependencia en España.

    Ler máis
    19/12/2020
  • Este sábado, 19 de decembro, Sarela está de aniversario. Hai meses que as ideas que tiñamos para celebralo quedaron desbotadas pero iso non significa que renunciemos a facelo. Hoxe comezamos cun repaso de pequenos pasos que conforman o camiño percorrido nestes 20 anos. Son momentos, compromisos, formas de traballar ou proxectos que nos marcaron.

    Ler máis
    15/12/2020

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información