Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Hoxe presentouse na casa do Concello de Ribeira a terceira edición deste reto de natación en augas abertas e que grazas á iniciativa de Manuel Martínez “O Nacho” busca visibilizar o Dano cerebral Adquirido. O reto será o vindeiro 27 de xullo e os/as 40 nadadores/as inscritos deberán completar a distancia que separa O Grove de Ribeira.
FEGADACE edita unha guía imprescindible para as familias que teñen que afrontar os primeiros momentos do Dano Cerebral Adquirido. Elaborada por profesionais das asociacións galegas de DCA, a guía busca paliar a desorientación e angustia que supón unha situación que chega de forma repentina.
O Consello de Ministros aprobou que a entrada en vigor do documento da ONU se conmemore cada 3 de maio. O CERMI Estatal fixo público un manifesto para conmemorar a primeira edición do Día Nacional en España da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de 2006.
O centro de saúde estradense e o concello de Arzúa colaboran no proxecto. Estes son os primeiros puntos de atención de Sarela fóra de Santiago e serán atendidos unha vez á semana por unha traballadora social da asociación.
Sarela participa desde hai uns meses neste proxecto de investigación de Red Menni de Daño Cerebral de Hermanas Hospitalarias que busca desenvolver ferramentas de intervención para previr e reducir a sobrecarga das persoas coidadoras doutras con dano cerebral.
Unha traballadora social da asociación atenderao todos os venres entre as 10:00 e as 13:00 horas. As persoas e familias que, como secuela dun ictus, traumatismo, cancro ou calquera outra causa, teñan ou convivan co dano cerebral terán información sobre esta discapacidade, recursos de atención e rehabilitación, axudas existentes, trámites administrativos etc.
Sarela, xunto con outras entidades sociais e sanitarias, está a participar neste estudio que ten como obxectivos investigar sobre a aplicación e utilidade do concepto de “calidade de vida” aplicado á poboación con dano cerebral adquirido e analizar a súa evolución, entre outros fins.
María Maceira está a realizar en Sarela as prácticas correspondentes ao último ano do Grao de Nutrición e Dietética da Universidade de Santiago. No tempo que leva no centro de día ten tirado conclusións interesantes sobre a correcta alimentación das persoas usuarias e nas vindeiras semanas dará charlas no noso centro sobre nutrición e alimentación nas persoas con disfaxia.